O principal obxectivo de “Amar o Mar” é ofrecer accións deseñadas expresamente para as 4.500 mulleres afiliadas actualmente ás confrarías de pescadores de Galicia

A Federación Galega de Confrarías de Pescadores elaborou o proxecto “AMAR o MAR” que consiste na realización dunha serie de accións para reforzar o papel da muller nestas organizacións pesqueiras, mellorar as súas habilidades directivas, compartir e divulgar a súas experiencias vitais…, para dar unha maior visibilidade á importancia que a muller ten no sector pesqueiro de Galicia.

O principal obxectivo é o de ofrecer accións deseñadas expresamente para as 4.500 mulleres afiliadas actualmente ás confrarías de pescadores de Galicia, nas que unhas 150 son empresarias titulares de embarcacións e o resto son traballadoras autónomas.

É importante destacar a presenza de 31 mulleres na xunta xeral da Federación Galega (un 24,60%) como máximo órgano de representación destas entidades, a través do/a patrón/a maior e o seu vicepatrón/a primeiro/a de cada confraría:

    > 15.498 afiliados totais, de eles 4.496 mulleres (29,01%)

    > 239 mulleres nos órganos de goberno das confrarías, que representan un 22,93% do total de posibles vocais:
        • 14 patroas maiores (22,22%)
        • 17 vice 1ª (26,98%) e 9 vice 2ª
        • 78 mulleres vocais nos cabidos (15,54%)
        • 121 só vocais nas xuntas

Este videocall foi gravado durante o 1º Congreso “Amar o Mar”, recollendo as opinións das mulleres do mar, desde a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, as ponentes do congreso e moitas das mulleres asistentes ó evento

O proxecto “Amar o Mar” será o título baixo o que a Federación Galega de Confrarías fará actividades e accións no ámbito da muller nos próximos años

Este proxecto contempla varios tipos de accións, unhas dirixidas ás mulleres con responsabilidades e representación dos órganos de goberno das confrarías (patroas maiores, vice-patroas, vocais dos cabidos ou xuntas xerais), das agrupacións de mariscadoras ou responsables administrativas.

Outro tipo de accións van dirixidas á sociedade en xeral co obxectivo de divulgar e compartir o papel da muller, do que foi no pasado, do que é no presente e que seguirá sendo moi importante no noso sector en Galicia. En resumo, as accións previstas son:

> Organizar congresos de ámbito galego dirixido ás mulleres dos órganos de goberno das confrarías de pescadores, para analizar o papel e a importancia da muller no sector pesqueiro e compartir outras experiencias de éxito de mulleres noutros sectores.

> Realizar talleres formativos en habilidades directivas, organizativas, de xestión de conflictos, liderazgo, negociación…

> Realizar charlas para divulgar ante a sociedade o papel da muller e darlle visibilidade con experiencias vitais de varias xeracións…

Este videocall foi gravado durante o 1º Congreso “Amar o Mar”, recollendo as opinións das mulleres do mar, desde a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, as ponentes do congreso e moitas das mulleres asistentes ó evento