Congreso sobre o papel das mulleres nos órganos de goberno das Confrarías de Pescadores

Obxectivo: UNIR – REFORZAR O PAPEL DA MULLER
Celebrado o 28 de xuño de 2016 en Santiago de Compostela

 

   > Reflexionar sobre as políticas de igualdade pasadas, actuais e de futuro nas confrarías de pescadores, a través das experiencias vitais de mulleres con distintos perfis e ocupacións (patroa maior e mariscadora, bióloga, técnica administrativa, mariñeira…)

   > Compartir experiencias de éxito con mulleres doutros sectores produtivos (periodista, agricultora, funcionaria, da empresa familiar, multinacional, …, aportando as súas experiencias)

   > Talleres prácticos en habilidades directivas e training para mellorar na comunicación…

Talleres formativos en habilidades organizativas e directivas dirixidos ás mulleres dos órganos de goberno e ás técnicas das Confrarías

Obxectivo: APRENDER – PROGRESAR
*En búsqueda de financiación para celebrar durante o 2017

   > Realización de varios talleres (de ámbito provincial) para desenvolver as habilidades directivas e organizativas das mulleres que participan nos órganos de goberno das confrarías e agrupacións de mariscadoras.

Charlas divulgativas sobre experiencias vitales da muller da pesca ante a sociedade xeral

Obxectivo: COMPARTIR – DIVULGAR
*En búsqueda de financiación para celebrar durante o 2017

   > Visibilizar o papel da muller do mar galego, mediante a celebración de charlas divulgativas por comarcas, onde mulleres con algunha relación co mar, en activo ou xubiladas, contarán as súas principais experiencias vitais e compartirán a súa visión do mar co resto da sociedade. Buscarase ter en conta e que participen os distintos subsectores importantes da pesca e o marisqueo desa comarca e ós representantes das distintas confrarías.