Éxito de organización do Congreso de
mulleres da pesca
“Amar o Mar”

A Federación Galega de Confrarías organizou o 1º Congreso de mulleres nos órganos de goberno das confrarías de pescadores, que se celebrou en Santiago de Compostela o 28 de xuño de 2016 e ó que asistiron unhas 125 mulleres.

Este evento de ámbito nacional, no que participaron mulleres de distintos sectores productivos xunto ás mulleres das confrarías de pescadores de Galicia, foi patrocinado polo “Instituto de la Mujer y para la Igualdad”, entidade dependente do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.

O principal obxectivo perseguido coa celebración deste congreso foi o de dar unha maior visibilidade ó papel das mulleres nos órganos de goberno das confrarías de pescadores, valorando a súa esencial aportación económica e social, e incrementar a súa presenza e participación nos órganos de goberno.